Galiza:
Montes
As montañas máis altas son Pena Trevinca, con altura superior ós 2000 m (no límite administrativo da Comunidade Autónoma) e Cabeza de Manzaneda, ambas en Ourense.
Porén, coas características antes citadas, existen diversas serras ou cadeas montañosas, entre elas:
O Xistral entre A Mariña de Lugo e a Terra Chá, con Cadramón (1019 m) e Monseiván (929 m) como puntos máis altos,
Os Ancares, facendo fronteira con León e Asturias, co pico de Pena Rubia (1821 m) como altura raíña,
O Courel, ó norte do río Sil, tamén en fronteira con León, co monte Faro (1606 m),
Serra do Eixo, con Pena Trevinca (2124 m), fronteira entre Ourense e Zamora, Macizo de Manzaneda, con Cabeza de Manzaneda (1778 m), no corazón da provincia de Ourense,
Serra do Faro, co monte Cantelle (1222 m) fronteira entre Lugo e Pontevedra,
Cova da Serpe, co pico do mesmo nome (841 m) entre Lugo e A Coruña,
Montemaior, co pico de Meda (565 m) na provincia da Coruña,
Montes do Testeiro, entre Pontevedra e Ourense, co Faro de Avión (1151 m),
Serra da Peneda, Serra do Xerés e Serra do Larouco facendo fronteira entre Ourense e Portugal con montes como o Aguioncha (1240 m)...
Olhando para Norte em Chaves vemos as elevações galegas, em Bragança olhando igualmente para Norte vêem os Montes de Leon certo? Qual a altitude máxima?